Estes días o xornal "El Mundo" está recollendo firmas a favor do manifesto presentado por un número importante de escritores e intelectuais españois, dende Savater, ata Delibes, ademais de grupos políticos como o PP, e outros. No manifesto pretender pór de relevo a importancia de ter todos unha língua común, e denunciar os constantes ataques sufridos pola lingua castelá nas comunidades bilíngües e a imposición dos dereitos dos cidadáns por riba dos do territorio ou da lingua.
Lin con calma o manifesto, e o certo que estou dacordo con case todos os puntos. Unha lingua nunca pode ser imposta a ninguén de forma unilateral. Nin dun lado nin do outro. Ninguén pode impoñerme o galego, coma ninguén pode impoñerme o castelán.
É certo que aínda que as institucións autonómicas pretendar acadar o máximo teito competencial bilingüe, iso non xustifica a imposición dunha lingua coma único vehículo, exclusivo e primordial en educación, ou nas relacións coas administracións públicas.
Evaluando o que acontece na nosa comunidade, analicei os dous puntos nos que según o manifesto ten lugar un maior abuso: nas relacións coas administracións públicas e na educación. En canto a educación, o último decreto aprobado polo Parlamento galego (que temos que lembrar que estivo a piques de ser abalado tamén polo Partido Popular), di que cando menos o 50% das materias impartidas terán que ser en galego. Creo que se a metade das materias é en galego e a outra metade en castelán é un bo reparto para as dúas linguas.
En canto a relacións coas administracións públicas, a maioría dos formularios das administracións públicas, universidade, sanidade, etc, ou os nomes dos edificios públicos e vías públicas son en galego, única e exclusivamente. Coido que non lles costaría moito facelos bilingües para que ninguén atope demasiados problemas. Con todo, cando acudo as admnistracións, en xeral dirixense na língua que empregue, sexa castelán ou galego, e nunca tiven problemas.
Nembargante, é necesario lembrar que o español chea cada recodo e recuncho da nosa vida cotiá, o castelán forma parte de cada intre de todos os días, e dicir o contrario é unha auténtica hipocresía.
Pode que ese manifesto sexa máis necesario en Cataluña ou no País Vasco, pero en Galicia o dubido moito. De feito, se o aplicásemos na súa totalidade na nosa comunidade, coido que único que tería que reformarse serían os formularios escritos únicamente en galego.
¿Están en perigo os dereitos dos castelán-falantes? Dubídoo, e moito. Porque eu son castelán-falante, e xamáis nos 27 anos que levo vivido en Galicia sentinme discriminado por iso.

Afortunadamente estamos en Galicia, donde el uso del gallego está por encima de los nacionalismos radicales (como los del pais vasco o cataluña). Es todo un orgullo que los gallegos lo llevemos tan bien, a pesar de que últimamente surgan cada vez más movimientos radicales...
"El nacionalismo es un enfermedad que se cura viajando", cuanta verdad en una sola frase...
25 de junio de 2008 19:20
Gracias polo teu comentario Rick, encántame a frase que deixaches, "o nacionalismo é unha enfermidade que tan só se cura viaxando". Oína unha vez pola radio, creo que un ano antes de irme a Francia de Erasmus, foi algo revelador, non sei por qué. Dende aquela non deixei de viaxar e vivir noutros países. Coñecer outras culturas é o máis bonito que coñezo.
Un saúdo!
25 de junio de 2008 20:01