A victoria pertence ao máis perseverante

Blogger Template by Blogcrowds.

O emigrante galego

lunes 16 de junio de 2008
Hai moito tempo, nunha clase de língua galega, lin o texto de adiante. Non sei por qué, o lembro bastante ben, supoño que porque me gustou e sentín certa pena. É por iso que quería deixarvos aquí esta pequena historia, escrita por Castelao. Estiven procurando o debuxo feito polo autor para este texto, pero lamentablemente non o atopei. Espero que vos guste.


O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era seu pai; pero denantes de sair da casa botoulle unha ollada ó retrato.

***

Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto acistóuno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sintéu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano" máis degaro sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o "americano" pasóu de largo sen mirar para ninguén e Migueliño deixóu de querelo.

Agora, sí, agora sí que o era. Migueliño avistóu outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era seu pai. O rapaz adoecía por bicalo a fartar. ¡Tiña un porto de tanto señorío! Ai, o "americano" pasóu de largo e nin tan siquera reparóu que o seguían os ollos angurentos dun neno.

Migueliño escolléu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.

E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home flaco, metido nun traxe moi floxo; un home do coor da cera, coas orellas fora do cacho, cos ollos encoveirados, tosindo...

Aquel sí que era o pai de Migueliño.

(EL PUEBLO GALLEGO, 17-X-1926)

2 Parrafadas:

  1. Puffo dijo...

    Oye... ya te pasaste por mi nuevo flog? www.fotolog.com/pisuke_soramame

    :*

    Gracias por escucharme hoy!

    Bicos!

    16 de junio de 2008 22:38  

  2. Luis dijo...

    De nada, para eso estamos... Si me necesitas ya sabes, ¡llama!
    Bicos

    17 de junio de 2008 11:19  

Publicar un comentario en la entrada