Pareceume a apropiada pra min, tendo en conta que non son profesional, que é tan só por practicar un pouco de deporte, e que podo empregala tanto na estrada, como nos camiños. Pareceume lixeira, e estéticamente gústame. Agora xa podo gozar de longos paseos coa bicicleta por Pontevedra e os seus arredores.Ademais onte vin cómo colocaban os novos aparcadoiros para bicis ao principio de Benito Corbal, xusto detrás da Peregrina.

Tamén os porán en outros puntos da cidade, dentro do programa que está a desenvolver o concello de Pontevedra, chamado "Ponte en bici". Alédome desta nova, unha excusa máis para saír en bici pola nosa cidade.

Pois ten unha pintaza guapa, guapa, eu tamén son ciclista, máis ben fun ciclista unha chea de anos, (agora que o penso, nunca o comentei no meu blogue) a miña disciplina é a bicicleta de montaña, competín un montón de anos nas filas do famoso Gonbel bike de Marin, cheguei a desputa-la Copa do Mundo (a chamada daquela Grunding)na casa do Campo de Madrid, agora son un domingueiro deses...jajaja.
Un saúdo Luis
19 de junio de 2008 15:03
Vaia Breogain, sabía que eras un afeccionado ás bicis, pero non un profesional! Non sabía que disputuras a Copa do Mundo! Vaia!
A ver se poñes unha entrada no teu blog sobre a túa afección ao ciclismo, seguro que tes moito que dicir e falar do tema!
Un saúdo, e gracias polo comentario!
19 de junio de 2008 15:59
Pois a ver se me lembro un dia destes e falo do tema, estaria ben escanear algunha foto da carreira que desputei en Madrid... daquela tiven a ocasión tamén de que me asinara no casco John Tomac, o campión do mundo de mountain bike, algo inesquecible.
Un saúdo Luis e desfruta da bici.
21 de junio de 2008 9:34
Moi ben, así podemos saber un pouquiño máis da túa carreira ciclista, hahaha!
Veña, un saúdo breogain!
23 de junio de 2008 11:42
O aparello que puseron claro que é útil, inda que o critiquen por criticar.
http://www.fotazas.com/v2_photo_d05882.jpg.htm
25 de junio de 2008 17:11
Luchy!!!!!
eU TAMÉN ME MERCO UNHA, COÑO!!!!!
VAMONOS FACEWR DEPORTISTAS!!!!!!
VMNS
DANI
2 de julio de 2008 17:36