O día 4 de maio, hai uns dez días, foi o meu cumpreanos. Xa son 27, e considérome afortunado de poder seguir sumando anos. É nestas datas cando reflexiono máis sobre a miña vida, o que foi, o que é, e o que será. Intentando facer unha análise, avalío con coidado a miña relación cos demais, coa miña familia, cos meus amigos, ou compañeiros de traballo.
Dende a nenez, sempre tiven a curiosa e, ás veces, estúpida pretensión de intentar agradar a todo o mundo, de recibir sempre un sorriso, de facer que o que estaba ao meu carón non tivera medos e a súa angustia fose menor. Isto levoume moitas veces ao fracaso, a non conseguilo e unha decepción que me acompañaba durante un tempo. Recoñezo tamén, que estiven moitas veces trabucado, que non escollín as palabras adecuadas, que non estiven ao cento por cen, pero supoño que iso é unha característica inherentemente humana, sen a que ninguén pode vivir.
Moitas foron as persoas que atopei no camiño da miña vida, unhas seguiron conmigo, outras tan só estiveron por un tempo, pero aínda volven de cando en vez, e moi poucas desapereceron defitivamente nas reviravoltas da vida, para non voltar nunca máis. A case todas as lembro con cariño, i emociónome recordando moitos momentos compartidos. Ás veces me pregunto cómo puiden ter tanta sorte...
Dende hai uns poucos anos, afeccioneime á filosofía. Supoño que a miña condición atea, me empurra irremediablemente a procurar respostas a moitas preguntas, sempre, por suposto, dende un punto de vista racional. Lembro cando era neno, que me facía moitas preguntas, que para mín non tiñan resposta. Iso frustrábame moitísimo. Agora, sinxelamente, creo que moitas preguntas non teñen por qué ter unha resposta única, ou lóxica. Hai cousas que son así; sen máis.
Xa hai máis dun ano que a miña bitácora botou a andar, e hai tempo que quería publicar eiquí unha pequena confesión, que aínda que case todos os meus amigos xa saben, outros non. Para mín xa non ten tanta importancia, aínda que os pequenos pasos son os que fan os grandes camiños, é este pode ser un deses pequenos pasos cara a normalización: son homosexual.
Fago pública a miña condición sexual, non por morbo, ou para chamar a atención. Simplemente quero contribuir, dalgún xeito, a normalización dunha condición que nada ten de "anormal", que hai moita xente que vive calada, de costas ás súas familias e os seus amigos, ocultando un segredo, que co paso dos anos, faise máis difícil de agochar. O certo é que non é unha tarefa sinxela, que un non recibe o apoio da súa familia, ou fai coma se non fora certo (coma é o meu caso). Dos amigos aínda non teño queixa, todos o recibiron dun xeito maduro e normal, aínda que sempre hai temas que lles custa aceptar, coma pode ser o matrimonio ou a adopción.
O outro día lin unha nova do maxistrado Grande Marlaska - que recoñeceu públicamente a súa condición homosexual (de feito está casado) - no xornal "El País". O maxistrado asistíu a un instituto para concienciar aos mozos e mozas na normalización e aceptación da orientación sexual na pubertade. Eloxio profundamente a acción deste home, ¡ogallá tivera tido eu unha charla semellante cando era máis novo! Durante moitos anos pensei na miña diferencia coma unha enfermidade, ou coma un pecado. ¡Bendito o día que me decatei que a Igrexa é unha manipuladora da moral! Afortunadamente xa quedou atrás o tempo dos tormentos relixiosos, e a represión persoal á que me sometín durante moitos anos.
Cada ano que pasa desexo máis libertade, aínda que sobre todo máis normalización do tema. Os homosexuais temos xa moitos dereitos, pero non a suficiente aceptación e normalización social. Eu quería poñer a miña pequena contribución, o meu pequeno gran de area para poder acadar non só esa aceptación social, se non o máis importante: a miña propia aceptación persoal.

Unha decisión moi valiente e que hoxendia non deberia ser noticia, cada un é como quere ser, sen máis. A verdade é que non teño ningún amigo homosexual, ou alomenos nunca se confesou, se o tivera teríao aceptado (faltaria máis) con normalidade e có mesmo respecto e agarimo que antes que mo dixera, o dito, hoxendia non deberia importar se es hetero ou homosexual, é unha mágoa que algunha xente non o poida aceptar pero lamentablemente hai xente cuanhas conviccións ou moi pechadas ou moi antigas.
Un saúdo Luis
15 de mayo de 2008 15:12
olé tus huevos,Luís!
tes razón a primeira e mais importante é a tua propia aceptación o demais irá vindo, de momento moi pouco a pouco, ai xente que ainda vive nos tempos de maricasataña, sei do que falo, ai pouco deronme un mostrario de temática gay e nom vexas as cousas que oín... millor tomalo a risa porque de outra maneira crio unha úlcera.
eu sempre digo o mesmo:
vive, e deixa vivir.
bicos
15 de mayo de 2008 16:47
Lamentabelmente, aínda hoxe é moita a xente que pensa que a nosa sexualidade debería influir nos nosos dereitos. Por sorte, aínda que pouco a pouco, algo está a cambiar. Espero que a túa confesión che axude a vivir mellor contigo mesmo.
15 de mayo de 2008 18:04
Olé olé...!!!!
Que cada un viva a súa vida feliz que é o máis importante, e que determinados sectores deixen de meterse nas vidas alleas, que coido que ca súa moitos xa teñen bastante !
UN bikazo
e Feliz Cumple...!!!
xD
16 de mayo de 2008 23:37
Felicidades, polo cumpreanos.
Bueno xa chegache os 27 NON ESTA MAL.
19 de mayo de 2008 13:44
Puff, qué susto tío, por un momento pareceume que ías a confesar que eras heterosexual. Cada vez hai máis, é unha plaga. Xente rariña, rariña, xa sabes a que me refiro...
;)
http://es.youtube.com/watch?v=DQg7oS5qZnU
Aínda que con moito retraso, permíteme desexarte Feliz Cumpreanos!
P.D. Gustoume moito este post.
21 de mayo de 2008 0:02
Moitas gracias a todos polos vosos comentarios, fan que eu e o meu colectivo nos sintamos máis integrados e normalizados dentro da sociedade española, dando exemplo para outros países.
Unha aperta moi forte a tod@s.
21 de mayo de 2008 21:39
Con retraso felicidades Luis. Ando con unas oposiciones y ultimamente visito poco los blogs (con intentar actualizar el mío tengo bastante por el momento).
Un asco que todavía haya extractos de la sociedad que se ruborice por algo que me parece absolutamente normal. Conozco a algunos homosexuales y por mucho que rebusco no encuentro diferencia ninguna. Tu caso es una muestra más.
Un abrazo
24 de mayo de 2008 18:28