¡Quén o diría! Miña nai, con case os 60 anos enriba, está estudando galego. É unha desas teimas que se lle mete na cachola de cando en cando, e agora deulle por aí. Estame preguntando sen parar, e faime gracia ver que a pobre intenta aprender o que pode. Ela nunca estudiou o galego, coma todala xente da súa idade, e ademais, a súa língua materna, coma a miña, sempre foi o castelán.Eu síntome orgulloso de miña nai, porque sei que non é fácil para alguén da súa idade comezar con estas leas, e con todas as dificultades ás que ten que lle facer fronte.
Espero ter a súa vontade cando teña a súa idade, e a súa teimas para aprender outras línguas. Quería que todos saberades o que está facendo miña nai, que ten o seu mérito. Eu polo menos así o penso.

Vaia se ten o seu merito, eu tamén estaría moi orgullosa de ter unha nai asi!
anque da miña que supera en 14 anos a tua, estou moi,moi,moi orgullosa, agora ando a que entenda o móvil novo, que lle conseguin, porque coma vive soa. é o seu medio de comunicación con nós, e faime gracia, porque me di que está maior para esas cousas, pero eu explicolle igual e entón xa cambea e me di: ah, pero é fácil! ;-)
alégrome moito de que tua nai ainda teña ganas de facer cousas, iso dalle moita vida, eu tamén espero no ter pedidas as ilusións de aprender e de facer cousas cande chegue a isa idade.
dalle a enhoraboa da miña parte
7 de abril de 2008 10:51
pois dalle moitos ánimos de parte da blogosfera galegofalante pontevedresa...jajaja, que lle dea duro, aprender nunca está de máis.
un saúdo
8 de abril de 2008 15:20
Sí señor, enhorabuena! O galego se ama, non se impón. Tu nai é un exemplo para moita xente xa que libremente decidiu aprendelo jejeje
8 de abril de 2008 16:08
Non, Sísar, o galego primeiramente úsase porque é unha ferramenta de comunicación. Cando os que o falamos, os de agora e os de antes, non podemos utilizalo na nosa vida diaria, si que existe imposición. E cando asocian á túa lingua unha serie de estereotipos negativos, e por extensión a un grupo humano, falamos de discriminación cando non xenofobia (facendo unha analaxía, claro).
E parabéns á nai de Luís... case nada. Recoméndoche, se me permites, o programa do VAL, Voluntariado de Activación Lingüística, no que todos os que queren aprender ou mellorar o galego poden facelo de forma natural (falando) cunha persoa, dun perfil semellante (idade, intereses, hobbys...). E lémbralle continuamente que para falar ben unha lingua primeiro hai que falala mal.
http://www.valingua.org/ga/web/notic.php?idc=1
27 de abril de 2008 21:41
Gracias a todos polo ánimo a miña nai...
E gracias Nel pola información, miña nai está interesada en participar nas actividades do voluntariado, aínda que a pobre non ten moito tempo, daquela non creo que poida facelo.
De todos xeitos, moitas gracias!
Un saúdo a todos!
1 de mayo de 2008 21:52