Facendo a miña xa cotiá viaxe polas bitácoras amigas, atopei unha interesante actualización de "A Ponte Vella", baixo o título: "Galicia Bilingüe, ¿defensa do castelán ou ataque ao galego?". A pregunta case se pode responder cun: "ambalas dúas cousas". Invítovos a que vos acheguedes a bitácora de Breogain para que leades a súa formulación do caso.Eu veño a formular algo semellante, pero non galego vs castelán; senón castelán vs inglés (os de "Galicia Bilingüe" que vaian cambiando o nome por Galicia Trilingüe, se poden).
Hoxe Zapatero prometeu que todolos mozos falarán e traballán en inglés en dez anos. Aí é nada o asunto. Encántame esta proposta do presidente do goberno, un pouco levado pola súa visión utópida da nosa sociedade, tan pouco lingüística (e isto non é por favorecer línguas minoritarias como o galego, senón por empeñarse tanto en protexer ao castelán). Pero deixemos ese tema a parte.
A cuestión é que agora os estudantes poderán estudar o 15 % das materias, ou polo menos do seu tempo lectivo, en inglés. Eu apoio totalmente esta iniciativa. Unha, porque o inglés é a língua máis importante a nivel internacional; dúas, porque eu recibín unha educación tan mediocre do inglés que aínda despois de 5 meses en Inglaterra teño moitos problemas co idioma.
Agora, ¿que acontecerá coa asociación de Galicia Bilingüe? ¿Fará algún tipo de declaración ao respecto? ¿Será positiva ou negativa?
Ben, o primeiro, acolléndonos ás súas formulacións sobre a cuestión lingüística, o seu pensamento debería ser o seguinte: unha total oposición ao aprendizaxe de calquera materia en inglés. ¿Por qué? Polo mesmo que se opón ao galego:

- Non é a língua materna dos nenos, co que dará lugar a moitos problemas de aprendizaxe.
- Virá imposto pola administración, sen poder ter opción de educar aos seus fillos na língua de Cervantes.
- É unha língua foránea que dana e introduce novos termos dentro do castelán, indo en contra do que canta a RAE.
E aos puntos anteriores querería facer notar que o galego é a língua de Galicia, e que ademais é moito máis semellante ao castelán do que o é o inglés, coas facilidades que iso conleva.
Pero, ¿realmente farán algún tipo de declaración? ¿Recollerán firmas de vila en vila? Ehem, perdoade que o dubide.
Pero, ¿cal é a diferencia? Unha moi sinxela, que todos pensades: a utilidade da língua. ¿É útil o galego? Pois... A ver, o falamos só en Galicia... Pois vai ser que é útil só en Galicia. ¿É útil o castelán? A ver que o penso un pouco... Pois... Se quedas en España todo vai ben. E se vas a aos paises hispano-falantes tamén vai ben a cousa... Agora, como vaias a outro país coma Francia, ou Alemaña, ains, a cousa está fodida. Entón, diremos que é útil, pero só a medias, podería ser mellor. ¿E o inglés? Pois mira... O inglés... O inglés é a língua internacional, que todo europeo con estudos fala e entende perfectamente. O falan en África, Asia, Oceanía e América. Non sei, creo que o inglés é a máis útil de todas.
Agora... ¿por qué estudar en castelán? ¿Por qué empregar o castelán, cando temos unha língua internacional coma o inglés que permítenos comunicarnos con todo o mundo? Pois vai ser que única razón pola que seguimos empregando o castelán (ou galego) é por unha cuestión cultural, e de aprendizaxe.
Por iso, se os de Galicia Bilingüe, realmente queren ser honestos consigo mesmos e coa sociedade, por favor, que recollan firmas en contra desta proposta. Que non deixen que o inglés introduzca palabras no língua de Cervantes, que deixemos de escoitar "hall", "software", "wifi", "parking", "gay", "stop", "hippie", "yonqui", "hobby", "bacon", e un largo etcétera. Este si é un idioma invasivo, e perigoso para o castelán. E non o galego.

Bravo Luis, totalmente dacordo coas túas afirmacións, non entendo as posicións inmovilistas desta xente de Galicia Bilingüe, é mais, acho nalgunha xente desta plataforma/asociación moita xenreira cara non so ao noso idioma senón ao mesmo feito de ser galegos e ser diferentes, non podo entender como se pode afirmar que o castelán está en perigo ou retroceso, como poden criticar as axudas "millonarias din eles" que o governo da Xunta (non Junta de Galicia como di tamén algún deles(sic))outorga á defensa e ao coñecemento da língua de tódolos galegos, si señores,de tódolos galegos, tamén o castelán, pero o galego é un obxectivo prioritario a defender e tedes que entendelo.
Polo demais o tema do inglés é algo obvio e inherente ao progreso, é normal que vaia gañando terreo e que ao final as futuras xeracións terán que aprendelo.
Un saúdo Luis
19 de febrero de 2008 15:04
Yo pienso que os confundís con esta asociación y sus objetivos no son los que decís. Por lo menos no es lo que dijeron a la conferencia que yo asistí. Piden que se derogue la nueva Ley y que se instaure una con 50% en cada lengua.
La propuesta de Zapatero me parece un avance y es una buena noticia, pero todavía deben mejorar los criterios de evaluación y no permitir que se pase con 3 suspensos siempre que sean en la mismas asiganturas de un curso a otro. Un chico podría pasar del inglés hasta el bachillerato por ejemplo porque pasaría de curso al suspender siempre inglés.
20 de febrero de 2008 15:06
E eu estarei dacordo con Galicia Bilingue o dia que o galego estea presente na ensinanza nun 90% como din eles, pero como de momento, eso esta ben lonxe da realidade, porque e todo o contrario, eu seguirei opinando o contrario.
Un saudo!
20 de febrero de 2008 18:30