Tan só faltan 6 días para a volta a casa. Foron cinco meses de actividade, de risas, de amizades, de choros, de decepcións, de incertidume... Antes de chegar a Inglaterra, lembro as palabras da miña queridísima amiga (a que boto moito de menos, aínda que non lle dea sinais de vida) Martiña: "Ai, Luisiño, se pensas que os franceses non son bos, espera a ver aos ingleses". O dicía resignada, con sorriso nos beizos e mirando cara min, sabedora do mexeriqueiro que son. A ela a coñecín polo noso Eramus, en Lyon (Francia), unha etapa incríble da miña vida, a pesar de todo o que nos aconteceu en aquela horrible residencia, e o barrio, ¡meu deus!
Teño que dicir que Martiña é unha desas persoas que comunican paz, que son extraordinariamente ecuánimes, un remanso de auga morna, que contrasta co súa personalidade nerviosa e apasionada, en definitiva, alguén que non deixa indiferente.
Eu sempre a escoitei con certo pracer, tendo a seguridade de que aquilo que dicía estaba sempre acertado. Alédome, que por unha vez, estivese trabucada.
A miña experiencia en Inglaterra foi remarcable. Non só porque coñecera amigos dos que deixan a súa bandeirola cravada na terra do camiño da túa vida persoal, senón porque coma cada unha das estancias que fixen no extranxeiro, foi absolutamente enriquecedora. Coñecín xente de Arxel, Exipto, Turquía, Polonia, Francia, Inglaterra, Irlanda, China, Canadá... e por suposto de España.
A sorpresa, sen dúbida, foron os ingleses. Algúns estereotipos que temos en España caeron ás poucas semanas de atoparme en Inglaterra. A familia inglesa coa que convivín estes 5 meses sempre foi amable, educada, atenta e cariñosa comigo, foi o que se pode dicir, a miña propia familia. O seu sentido do humor, lonxe de ser o típico inglés, achégase ben a retranca galega, e a súa preferencia pola ironía é destacable. Pasei bos momentos na súa cociña, houbo mil anéctodas co idioma (a miña favorita: confundir "shit" (merda) con "sheet" (saba) - isto é o que pasa por ter vocais curtas e longas!!! -). Non me arrepinto (nin moito menos) de ter vido eiquí. De feito invítovos a que o fagades.
Podería seguir falando durante moito tempo das persoas que coñecín, dos meus amigos, tantos os novos (coma Tach), ou os que xa o eran antes de vivir aquí (coma Ismahan), aínda que iso o reservo para o persoal.
Agora chega o momento das despedidas, de poñer orde na miña vida, de voltar ao vello, ao de sempre, que non por vello é malo, maís ben ao contrario (coma a viño). Toca voltar a Galicia, reencontarse cos amigos, coa familia, coa comida, coa sensación de encaixar perfectamente con todo e todos os que te rodean. Con non sentirte foráneo. É unha sensación única, que tan só sintes cando vives por un tempo fóra do teu país.
Tempo de despedidas. Eu sempre digo un "ata logo". Sei que voltarei algún día, moi pronto...

Ola! alégrome de que te atopes de volta de que a experiencia fora boa!
moitos bicos!
27 de febrero de 2008 23:10
xa sabes que a túa terra agárdate cós brazos abertos...benvido de novo Luis.
un saúdo
28 de febrero de 2008 0:51
Gracias aos dous, tan só me quedan días en Inglaterra... Unha mágoa, pero con ganas de voltar.
Este será o meu último fin de semana, e penso montar unha festaza, á galega, con empanada e todo!
Un saúdo!
28 de febrero de 2008 1:32
No enquisa onde pos ¿Quen pensas que gañou o debate?
Teñoche que decir que me falta unha:
- AS DEMAIS FORZAS POLITICAS.
Pois considero que nin Zapatero nin Raxoy, nin os dous saliron ben parados, penso que gañaron o resto. Pois con debates tan milimetrados, lendo o que queren decir, e sen saber a realidade do que lles pasa os cidadans non vamos a ningún lado.
Poño por exemplo xa que ves de Inglaterra, o seu congreso onde non e coma o de aquí ali, non esta todo tan milimetrado aqui estamos encorsetados.
O que non vale pra mais e non quere traballar pra politico ou sindicalista. Opinión propia Fernando da Brea.
28 de febrero de 2008 10:15
E tes toda a razón do mundo, Fernando. Eu xa puxen en varios comentarios de distintos blogs a miña opinión acerca do debate. É certo que no meu blog non din a miña opinión, pero estou o 100% dacordo contigo.
¿Onde están o resto das forzas políticas? Paréceme incríble, que o que pretendan chamar democracia, sexa unha pseudodemocracia edulcorada cun pouco de bipartidismo, dando a impresión de que temos a total libertade de elixir, cando estamos totalmente condicionados polos medios de comunicación e a sociedade.
Tería sido máis interesante se estiven outros candidatos a presidencia, como Llamazares ou Rosa Díez, ou incluso os nacionalistas, para que dean a súa visión de España.
A enquisa a fixen un pouco ao tutún, síntoo!
Pero gracias pola túa opinión, a teño moi en conta!
Un saúdo!
28 de febrero de 2008 10:23
Unha aperta farmaceútico, alguén que demostra ter bastantes luces e ser unha persoa con pensamentos propios.
A opinión do da Brea non está mal, de feito estou dacordo.
28 de febrero de 2008 17:42
Gracias polas túas palabras Ravachol, alédame lelas no meu blog. Como xa dixen non me gustan os fanatismos sexan da cor que sexan. Non podo entender a quen segue cos ollos pechados a un dirixente político, é absurdo, sempre ten que quedar algo de crítica, porque ninguén é perfecto.
Unha aperta para ti tamén.
Ata logo!
28 de febrero de 2008 19:03