O Día dos Namorados, ou coma din os ingleses, Valentine's Day, é un día creado polo Corte Inglés que ten a mala fe de lembrar aos que estamos sós que o seguimos estando. Pero ¿cómo podería ser un día romántico? ¿Quizais cunha cea romántica, a luz das veas, coa lúa no alto? ¿E unha cea romántica alumada polo luar, co mar de fondo e sentindo a fresca brisa mariña? ¿E qué me dicides dunha cea romántica, coa lúar, o mar e un veleiro? E aínda mellor, ¿e se estiverades a bordo do maior veleiro do mundo? ¿E se veleiro, fose de fabricación galega? ¿Sorprendidos?

Pois iso mesmo é que están facendo agora no noso veciño concello de Marín, onde están construíndo o maior veleiro do mundo, chamado "Sea Cloud Hussar", e botarase o no 2009. Terá unha lonxitude de 135,7 metros, un auténtico xigante dos veleiros.
Eu non sei vós, pero síntome moi orgulloso do noso veciño concello, pode que sexa porque eu fun por case a toda vida marinense. Eu xa estou desexando que sexa 2009 para ver o resultado, ¿ e vós?

eu procuro sentirme moi orgullosa de calquera cousa que se fai dentro do noso pais. das cales moitas veces nim nos enteramos, pero certamente eiquei fanse moitas cousas e nom todo o que ven de fora é millor.
que me poño do figado cando oio a dichosa frasesiña
15 de febrero de 2008 0:58
Mira o que non pode ser e que ata os veciños pegados o peirao de Marín se enteren de que xa comezou a facerse o maior velero do mundo ou o que sexa, pola prensa.
En Marín viviran unhas 25 mil persoas oxea, todo dios se coñece. NI DIOS DE MARIN TRABALLA EN MARIN.
Porque ostias non dan chollo os veciños da zona. Se o astillero esta funcionando ben, por que cousa a xente de Marín traballa fora ou esta no paro.
15 de febrero de 2008 9:45
Pois a verdade é que non o sei. Pero bueno, a cuestión é que algo beneficioso para a vila, aínda que sexa de forma indirecta. Mellor isto que ter os estaleiros pechados e sen traballo. Tal vez isto sexa boa publicidade para o porto e que empresas internacionais se interesen por construir os seus barcos eiquí.
Non digo que a situación que vive hoxe Marín sexa a mellor, pero creo que isto é unha boa oportunidade. Un saúdo!
15 de febrero de 2008 10:12
Namorados, namorados....
La noticia del día de san valentín no fue el barco pesquero de Mirín....
Fue el trailer de Indiana Jones 4!!!!!!!!
(Vaya mierda de blog menos friki....
15 de febrero de 2008 11:36
A mi me sorprende la forma en que unes ambos textos... ¿Comienzas con San Valentín para terminar en un velero? ¿Mediante una serie de interrogantes pseudorománticos? Jajaja... Alucino contigo :P
15 de febrero de 2008 13:44