A victoria pertence ao máis perseverante

Blogger Template by Blogcrowds.

Un novo estado europeo: Kosovo

domingo 17 de febrero de 2008

O parlamento kosovar aprobou hoxe a independencia, de xeito unilateral, de Serbia. Eu aínda estou un pouco abraiado pola rapidez con que tivo lugar, e a facilidade con que unha rexión dun país é capaz de escindirse do estado ao que pertencía. A UE e EEUU apoian esta decisión, sabedores este novo estado convírtese dun novo aliado, e forza a Serbia a negociar a súa posible futura entrada na Unión Europea. Gañan os occidentais... e Rusia perde os seus antigos aliados.
A verdade é que non son gran coñecedor da política internacional, pero o proceso da secesión de Kosovo foi levado sen moita dilixencia, e conlevará inestabilidade nos Balcanes, e conflictos con Rusia. Hai tan só unha semana Rusia ameazou a Ucrania con apuntar os seus misiles cara este país, se finalmente entraba na OTAN. Hai que ter en conta que Rusia e Ucrania son veciñas, e históricamente foron aliadas.
Ademais a independencia de Kosovo ten aínda outro efecto pernicioso: o de alentar aos nacionalistas e independentistas de diferentes países. Algúns países da Unión Europea eran (e son) reticentes a esta ruptura abrupta (como é o caso de Grecia, Chipre, Eslovenia, con problemas internos de independentismo).
No caso de España, a posición diplomática era a do respeto á legalidade internacional, con Nacións Unidas como árbitro de cualquera decisión, e a procura da unidade no seno da UE, o que implicaría aceptar a posición maioritaria. De calquera xeito, nótase que a independencia de Kosovo non gustou a España, polos posibles paralelismos que poidan xurdir no País Vasco ou Cataluña.
¿Qué pasaría se un día o lehendakari decidira a independencia do País Vasco, coa votación no parlamento, e saíse adiante a proposta? Imaxinades o escándalo? Agora a cuestión é: ¿Se o fixo Kosovo, por qué non o pode facer o País Vasco?

2 Parrafadas:

  1. Sísar dijo...

    Mi opinión es totalmente contraria a la creación de este Estado inventado de la nada y que los americanos quieren utlizar como país amigo dentro de Europa y situado estratégicamente entre Rusia y Países Musulmanes, buscando además ganarse adeptos dentro del mundo musulmán.

    Espero y deseo que no le pase como con el apoyo a Afganistán.

    Esta es mi opinión personal y celebro que Moratinos no lo reconozca como nación.

    18 de febrero de 2008 17:13  

  2. Luis dijo...

    Home, inventado da nada non foi. O rexión ten a súa historia, e son unha maoiría albano-kosovares. O que non se pode facer é crear un estado unilateralmente, coma neste caso.
    A cousa está que arde, a UE está dividida e a ver que vai acontecer.
    Un saúdo Sisar.

    18 de febrero de 2008 21:51  

Publicar un comentario en la entrada