Eu non son xornalista. Nin moito menos. Xa bastante traballo da un blog, como para poder imaxinar o que é ser xornalista: procurar a nova, informarse ben, estar seguro e sobre todo procurar ser obxectivo.Hoxe no xornal "El Mundo" atópome coa seguinte nova, baixo o titular: "¿Morte por orde de afastamento?". A nova conta a desgraza dun home, que denunciado pola súa muller, e obrigado a habitar no seu destartalado coche pola orde de afastamento, morre dous días depois no calabozo.
Sorpréndeme bastante a nova, xa que como todos podemos intuir polo título, o que queren insinuar, dun xeito pouco ético, é que a orde de afastamento provocou a morte do home. Sorprendente.
Eu non son médico, e polo tanto non podo xulgar. Tampouco coñezo o historial médico deste pobre home. Pero se o home morreu debido unha parada cardíaca dubido moito que fóra por dormir dous días nun coche.
Non me parece ético que pretendan inducir a xente a crer que as ordes de afastamento son inxustas, ou crueis. E se non era iso o que pretendían, senon procurar o morbo da nova, sen ningún tipo de escrúpulos, tal vez é aínda máis noxento.
Por favor, señores xornalistas, procuran ser obxectivos, e eviten sesgar a verdade ou relatar as historias do xeito máis morboso posible. Hai seres humanos detrás desas historias. Un respeto.

Todos sabemos que os medios de comunicación ofrécennos unha gran cantidade de información, e moitos son os que aínda pensan que esa información é obxectiva, pero certo é que a TV, os xornais, a radio, Internet... restrinxen aquilo que debemos saber, o que nos debe interesar, gustar, a que lemos ou escoitamos. Os medios de comunicación sinalan aquilo do que debemos falar e definen os problemas como eles queren, dan recomendacións, e infórmannos daquela maneira que a eles máis lle interesa: información completamente sesgada. En definitiva poden restrinxirnos moito máis do que pensamos.
O fenómeno do Priming está presente continuamente nas nosas vidas e nos medios, mostra disto é o análise destas noticias nesta práctica e posiblemente no mesmo informe no que un servidor intentou ser obxectivo con non moito éxito o meu parecer. Por todo isto, é conveniente rodearse de información de distintos medios para facer unha comparación do que se conta nos medios e poder evitar así fenómenos sociais e psicolóxicos como este, se ben e certo que como a psicoloxía social nos ensina, o individuo vai preferir sempre recibir información acorde coa súa ideoloxía, pero estou seguro de que xa hai unha gran parte da poboación que busca a obxectividade dos medios e non escatima á hora de acudir o seu estanco e pedir “O Correo Gallego” e “La Voz de Galicia” , ó fin e o cabo quizais só implique un café máis longo e sen dúbida iso, neste pais, aínda nos gusta a todos.
7 de febrero de 2008 20:44
Xusto estaba a facer un traballo sobre iso...
... a obxectividade dos medios NON EXISTE. Desperta Luis! :P
7 de febrero de 2008 20:44
Gracias Puffo polas túas, sempre constructivas, críticas. Tranquilo que estou ben desperto, diso non teñas duda.
Non dixen que os medios tiveran que ser 100% obxectivos; pero de aí a que digan as causas que pareza completamente o contrario...hai unha gran diferencia.
Non é que me moleste que "El Mundo" diga cousas como " A economía va mal", e "El País" diga " A economía non vai ben, pero mellor que co PP". Pode que os dous non falten a verdade, aínda que procuren subliñar cousas diferentes.
O que non admitirían son titulares como "A recesión económica leva a España ao nivel das economías do 3º Mundo", ou algo así, porque se afasta claramente co que a maioría pensamos o que é a verdade.
Iso é o que verdade me molesta.
E nada máis... Espero que che vaia ben nos exames.
Un saúdo!
7 de febrero de 2008 21:26