Este é un tema que me toca moi de preto. Aínda que o meu futuro profesional pode estar moi lonxe da oficina de farmacia, o certo é que non deixo de ser en ningún intre farmacéutico, e que polo tanto, as novas referidas ao libre mercado da farmacia interésame, e moito.Hoxe lin na páxina web da plataforma da Libre Apertura de Farmacias, que o grupo político UPyD é o único que presenta no seu programa electoral a necesidade de eliminar as trabas burocráticas que impide a libre apertura de farmacias.
Lembro cando estudiaba na facultade que moitos dos meus compañeiros, e mesmo algúns profesores estaban en contra da liberalización das farmacias. Escudábanse no feito que pode reducirse considerablemente o servizo sanitario ao paciente. Puñan sempre coma exemplo aos EEUU, onde podes comprar os medicamentos nun supermercado, aínda que supoño que será baixo a supervisión dun farmacéutico.
A cuestión é que a falacia ía tomando forma, e cos anos, rematei por crelo, non ser certo grado de suspicacia. A cuestión é que tiven a sorte de poder vivir noutros países e ver moitos exemplos de cómo se entende o servizo farmacéutico.
Sen dúbida en Italia o seu sistama é exactamente ao noso: son catro as familias que controlan as farmacias, seméllase bastante a unha mafia ben organizada.
En Francia, a verdade é que o descoñezo, a miña experiencia limitou á farmacia hospitalaria. A pesar de todo creo que o seu sistema de aperturas está controlado pola administración, pero non sei até que punto pode transferirse as farmacias entre pais e fillos. Coido que tes que ter unha serie de mérito que despois vai a concurso. Non debe confundirse a licencia de apertura coa propiedade inmobiliaria neste punto.
Por último en Inglaterra. Lembro que cando cheguei chamoume moito a atención que nos supermecados houbera unha farmacia. Non queda, digamos, moi estético ver as seccións da pescadería e carnicería xusto ao carón da farmacia. A cuestión é que aquí existe o libre mercado, coma en EEUU. Existe os seus pros e os seus contras. O primeiro é que son as grandes empresas adicadas á oficina de farmacia as que aglutinan a maioría do mercado. Aquí o pez grande come ao pez chico. Isto é un inconveniente se pensamos en abrir una farmacia, xa que teremos unha competencia brutal, e estaremos sempre baixo a ameaza de ser engulidos polo grande.
Con todo, saen beneficiados todos. En primeiro lugar, hai unha demanda altísima de farmacéuticos, porque no mercado hai moitísimas farmacias, e necesitan sempre empregados. Isto implica soldos exorbitados (sen problemas entre os 3000-4000 €/mes, e cando levas máis tempo pode chegar aos 5000€/mes. Este é un moi bo soldo incluso para os ingleses). O sistema sanitario inglés (que é malísimo, todo hai que dicilo), responsabiliza ao farmacéutico na dispensación. O farmacéutico ten acceso á medicación do paciente, e debe valorar se o fármaco que se lle vai dispensar pode dar lugar a interaccións, ou efectos secundarios importantes no paciente. A súa responsabilidade é a metades co médico. Como todos sabemos en España, hai pouco o ningún servizo farmacéutico nas farmacias.
O medo dos farmacéuticos donos de farmacias é que se acabe o seu particular monopolio. Escudarse na atención ao paciente, cando ésta non existe é un absurdo. Dicir que se liberaliza o mercado, vai repercutir na saúde dos pacientes é certo, porque será mello aínda.
Eu tiven compañeiros na facultade, que tiñan farmacia, é moitos deles foron estudantes mediocres, que empregaron atá 10 anos para rematar a carreira. É estes son os que administran e dispensan nas farmacias.
Por todo iso, pareceume moi interesante a proposta que fixo UPyD, xa que suporía a ansiada liberación do mercado da farmacia, e un aumento da demanda de traballo para o noso colectivo.
Hai que ter en conta que na situación actual os farmacéuticos que carecemos de farmacia vivimos a conta do que decidan os donos. Os Colexios Oficiais de Farmacéuticos están controlados tamén polos donos das farmacias, co que os convenios son feitos ao seu interés. Isto implica que mentres que eles ven a tele e ti traballas na súa farmacia, deixanche un pequeno anaco do que gañar, que pode estar entre os 7.000 e 10.000 €/mes (de media, depende da farmacia).
Espero que esta información servira a algún farmacéutico sen farmacia e que non teña aínda decidido o seu voto, pode que isto fora o argumento que necesitaba.

Bueno... discrepo con algunas cosas del comentario en mi blog. Por citar una de ellas yo estoy a favor del dialogo con ETA y no creo que este gobierno haya empeorado la situación, todo lo contrario, solo hay que ver el recuento de victimas y atentados, muy inferior, que al final es lo que cuenta. Y en crisis estaríamos igualmente con un partido u otro.
29 de febrero de 2008 18:20
Bueno, cada un ten as súas ideas, eu sinceramente, non creo que o PSOE mellorara en algo a situación do terrorismo en España. Simplemente estamos como estabamos antes.
En canto ao de negociar con ETA, pois mira, se se pode antepoñer o diólogo á violencia, benvido sexa, pero cando uns aínda teñen pistolas na mal é difícil ter calquer diálogo.
E en canto ás vítimas, caes nun profundo erro. O importante non é o número de vítimas que haxa polo terrorismo, o verdadeiramente importante son as concesións que se lle faga a unha banda terrorista, xa que deste xeito avalas a acción terrorista, sinxelamente daslle a razón aos violentos.
Porque ponte no caso, de que chegados a un punto, imaxina, un gran acto terrorista, mil persoas mortas, imaxina, unha masacre. Se ao diga seguinte dis que negocias, que é máis importante as vidas que se perderon que o que hai por negociar... a cagaches. Porque entón xurdirán outros grupos terroristas, sabedores de que un golpe fatal pode abrir a porta a todas as súas esixencias.
¿Entendes agora por qué non podes dicir que o importante é o número de vítimas?
O importante é rematar co terrorismo, pero sen concesións de ningún tipo.
Gracias polo teu comentario.
Unha aperta
29 de febrero de 2008 19:05
Interesantísimo post. Yo estoy en contra de cualquier monopolio sea del ámbito que sea. Si se vive en una situación de libre comercio y las empresas farmacéuticas son privadas no entiendo como luego se impide la libre competencia.
Aznar había intentando algo parecido hace unos años y se asustó por la repercusión social y la presión farmaceútica.
A mí me gusta siempre y cuando se exijan unos mínimos de garantías. La misma normativa para vender fármacos que existe para una farmacia que se extrapole a cualquier establecimiento que quiera vender.
29 de febrero de 2008 20:48
Hola??????????????
Que che pasou Luis que abandoaches o bloge?
23 de marzo de 2008 16:40