Segundo recollía hoxe o xornal "La Voz", a Xunta está ultimando o anteproxecto de lei da chamada lei anti-botellón, na que «queda prohibido o consumo de bebidas alcohólicas (...) nos espazos exteriores de dominio público -plazas y caminos públicos, como di no glosario de términos do propio anteproxecto- agás autorización expresa da Administración competente no mesmo».
É dicir, que a Xunta de Galicia deixa a responsabilidade de prohibir beber na rúa aos concellos.
Moitos mozos láianse desta lei. Eu a vexo coma unha oportunidade. Noutras culturas (non tan lonxe de nós, coma por exemplo Portugal, Franza ou Italia) a diversión non vai sempre íntimamente ligada ao alcol. Nas últimas dúas décadas o fenómeno do botellón creceu dun xeito exponencial, creando, non só un problema cívico (lixo, orines, etc), senón tamén de saúde pública (os efectos pernicivos do alcol na saúde son moi obvios).
Eu chamo á reflexión sobre algunha cuestións: ¿é necesario beber para pasalo ben? ¿o botellón é unha reunión social para beber, ou para relacionarse? ¿o problema do alcol entre os mozos se solucionará prohibindo o botellón?
Bueno, coido que os que están en contra da nova lei, responderán a primeira pregunta que non necesitan beber para pasalo ben, para non caer no descrédito.
En canto a segunda pregunta aquí pode debatirse: ¿o botellón é unha reunión social? Pois dende o meu punto de vista, depende da cantidade de alcol inxerida. Se te reunes cos teus amigos para beber dúas copas e charlar, pois si. Pero a cuestión é que nos botellóns é moi raro ver a un grupo de 6 persoas con tan só unha botella. O máis normal é que esté entre 4 e 2 persoas por botella, polo que a probabilidade de rematar borracho é bastante alta. E cunha borracheira enriba, síntoo moito, deixamos de ser sociables para ser case animais.
Facíame gracia nalgúns foros que lin nos xornais os argumentos dos mozos contra a lei: "Os bares de copas son carísimos, un atraco. Por unha copa cóbranche 4 euros, e coma no botellón bebo unhas 8, pois a broma saríame a 32 euros, e claro, como saio dúas noites a semana, ao final serían 64 euros". Eu estou dacordo co chaval en que 4 euros por copa é bastante caro. Pero tamén é certo que escoitando a súa argumentación posterior, acelera a urxencia de actuar en contra do botellón.
E aquí ven a última cuestión: ¿o problema do alcol entre os mozos, se solucionará prohibindo o botellón? A resposta non pode ser máis contundente: NON. O problema vai persistir, os mozos seguirán bebendo, probablemente o mesmo, ou menos (non creo que vaian beber máis, non tería lóxica). Pero decántome porque os chavales vaian beber menos. É iso se demostra en iniciativas como a lei anti-tabaco, onde moitos estudos demostraron que houbo unha diminución do consumo. Supoño que a nova lei terá este efecto beneficioso. Con todo, a nova lei é insuficiente. Haberá que educar aos mozos sobre os peligros do consumo irresposable de alcol, e ofrecer alternativas lúdicas.
O máis triste sería que en España chegaramos ao extremo do país inglés (onde o consumo de alcol é considerado un problema nacional), onde o que non bebe é pouco máis que un marxinado social.
Conclusión: alédome desta nova lei, que mellorará a convivencia cidadá e protexerá a saúde pública dos seus cidadáns.
O derradeiro apunte: a lei é inxusta cos que beben dun xeito moderado e tan só procuran un espazo aberto onde poder falar e relacionarse. É certo: pagan xustos por pecadores.

0 Parrafadas:
Publicar un comentario en la entrada