A victoria pertence ao máis perseverante

Blogger Template by Blogcrowds.

Incendio no mercado de Camden en Londres

sábado 9 de febrero de 2008
Procurando la páxina da BBC a sección de "learning English", entrei nas novas da BBC. De súpeto leo que no mercado de Camden está tendo lugar un incendio de grandes dimensións, que require a intervención de máis de 100 bombeiros. Non daba crédito. Tan só hai 6 días eu estiven alí, rebuscando entre as pequenas tendas, vendo aos punkies máis estrafalarios do Reino Unido, e finalmente comprándome unha gorra típica do Reino Unido e Irlanda, que chaman en inglés flat cap (se pinchades aquí veredes un exemplo).
O mercado de Camden é un dos mellores de Londres (para min o mellor), onde podes atopar de todo, aínda que fundamentalmente roupa, calzado, e curiosidades varias. O popular mercado recibe cada fin de semana 300.000 visitantes (a población de Vigo!), abarrotando as súas rúas.
Esperemos que finalmente o incendio non chegue a afectar gravemente a un dos máis emblemáticos mercados de Londres.

4 Parrafadas:

  1. Loli66 dijo...

    vaia! se che senta a mitad de ben do que lle senta o da foto, vas ficar moi goapo!!!!
    ;-)
    hoxe nas edicions dixitais dos xornales nom din nada do incendio!
    eu tamén estiven alí e é unha magoa o que está a pasar, din que nom ai víctimas, esro que si, pero iso é unha ratonera, nom quero nim pesar o que debe ser estar alí namentras arde!
    esperemos que nom saia moi mal parado.

    10 de febrero de 2008 13:00  

  2. Luis dijo...

    Pois claro que si, hahaha! Incluso me queda algo mellor; si, son bastante presumido.
    Pois a verdade é que sentín moita pena polo incendio, o mercado de Camden encántame (non quero dicir que encantábame, porque semella que xa o dou por desaparecido). É un lugar moi cosmopolita, podes atopar de todo.
    Máis ou menos xa sei qué zona quedou afectada, pero quero saber ata qué punto foi o impacto do incendio.
    Teño un amigo en Londres, e preguntareille a el, porque estou seguro que vai ir velo por si mesmo.
    Pois nada, un saúdo Loli!

    10 de febrero de 2008 13:56  

  3. Jorge Cubela dijo...

    Hola Luis.
    Gracias polo extenso comentario que me deixaches no meu blogue, invítote a pasarte cando queiras.

    Non podo estar máis dacordo contigo.

    Nin entendo aos que só queren educar aos seus fillos só en galego, nin entendo aos que só o queren facer en castelán.

    Deixando posicións políticas aparte, é un feito que tanto como o galego levan convivindo centos de anos, con altibaixos históricos, pero conviviron.

    Non entendo que un elemento de unión como o é a lingua poida usarse como elemento de confrontación entre uns e outros.
    Ter dúas linguas é unha riqueza cultural que hai que fomentar e potenciar, nunca impoñer ou degradar a unha lingua sobre a outra.

    Son as linguas nais dos galegos.

    Agora ben, tamén estou en contra de posicións que pretenden impoñer o galego en todo o uso educativo como consecuencia de que poida estar perdendo falantes, creo que cada quen ten dereito a facer os exames e a expresarse na clase na lingua que mellor saiba e prefira.

    Voume co que xa dixen, para convatir a perda de galegofalantes, sí á axuda en galego, sí ao enseino en galego, sí ao fomento, pero nunca á imposición, iso foi propio de outros tempos históricos xa superados.

    proclamo a liberdade de elección para cada persoa,
    Viva o galego e o castelán.

    11 de febrero de 2008 12:21  

  4. F. Miguez dijo...

    He he. Eu tamén son dos que fervello na web da bbc a ver si aprendo algo, pero coido que teño o ouvido bastante duro.

    12 de febrero de 2008 16:53  

Publicar un comentario en la entrada