A victoria pertence ao máis perseverante

Blogger Template by Blogcrowds.

Galiza non se vende!

domingo 17 de febrero de 2008

A plataforma "Galiza non se vende" convocou unha manifestación en Santiago levando distintas reivindicacións, que tiñan coma denominador común a defensa do territorio galego, ameazado por innumerabeis proxectos que, lonxe de procurar riqueza, esquilman os recursos naturais. Despois das Plataforma "Nunca máis", semella que agora toma o pulso "Galiza non se vende", que englobaría distintos colectivos cívicos.


Alédome que xurdan este tipo de asociacións, que estimulan a conciencia da xente, que lles fai ver que a nosa terra está terriblemente ameazada polos contínuos abusos urbanísticos e os proxectos industriais, moitos deles insostibles.
Eu xa asinei no manifesto da plataforma, ¿a qué esperades vós?

1 Parrafadas:

  1. A Brea dijo...

    Se fixeran vivendas sociais e autonomicas pra os que podemos menos e se deixasen de parvadas. Foden a costa, foden o que lles conven e fodennos a todos. Entre o que temos no poder o Ladrillo "touriño", o Bloque "Quintana" so falta a Masa "Telmo".
    Vaia merda...

    19 de febrero de 2008 15:46  

Publicar un comentario en la entrada